martes, 22 de enero de 2008


É unha novela que critica a situación económica, pero dunha maneira peculiar. Está situada nun Sitio Calquera e protagonizada por un Tipo Calquera polo que adquire un carácter universal. Ademáis, ó longo da obra utilizanse moitas abreviaturas (algo atípico) que amenizan a lectura.

A historia principal se leva a cabo mediante unha hipérbole na cal o protagonista ante a súa situación económica e a súa gran obsesión por dedicarse a estudiar ás formigas de cabeza vermella, e a falta de tempo para facelo, decide crear unha empresa que venda tempo, xa que o empleo do noso tempo está suxeito ó sistema económico, polo que non o podemos usar como queremos.

"O vendedor de tempo" é un libro divertido, chamativo e co plantexamento que nos presenta resulta fácil engancharse a él.